ARI Recimil

|

Semella que algo se move no tema das Casas Baratas de Recimil. Segundo as últimas noticias seica foron declaradas pola Xunta como Área de Rehabilitación Integral, ou sexa, ARI.  Non sei se será unha boa nova e se chegará a se converter en realidade, pois que estas malfadadas vivendas pasaron por tantas vicisitudes que nunca se sabe o que vai pasar con elas. De todos xeitos, aínda no mellor dos casos, esta decisión chega demasiado tarde para moitos dos veciños que loitaron por un futuro mellor para os seus fogares, desprezados polo pobo, abandonados polos políticos e ameazados coa derruba polos depredadores urbanísticos. E agora, haberá que agradecerlle ao señor Feijóo e ao seu partido político a salvación dos edificios que el desclasificou do Patrimonio. Dise que nunca é tarde se a dita é boa. Eu non sei se será boa, pero tarde si que é, alomenos para aqueles que pagaron toda a súa vida unha cota de amortización e nunca foron donos da súa casa. Mágoa, non si? 
 

ARI Recimil