Dialéctica

|

Hai un par de meses consideraba eu que a presenza do Xefe do Goberno perante os xuíces ía ser decisiva, para saber si o presidente Rajoy era un home espabilado ou non era tal. E engadía eu que, as respostas ás preguntas do tribunal estarían na liña de: “non me consta”, “non sei” ou “non me lembro”, pero teño que confesar que estaba trabucado, pois don Mariano, facendo alarde dunha fértil imaxinación, respostou con frases como: “jamás conocí”, ”hasta donde yo sepa”, desconozco absolutamente” e, “no puedo afirmar”... Desde logo hai que recoñecer a súa indubidable habilidade dialéctica e o seu dominio da linguaxe, que farán que o noso primeiro mandatario pase á Historia como un digno sucesor daqueles oradores gregos da antigüidade. E por suposto, quedou clarísima a súa inocencia, porque fai falta ser inocente para que toda unha serie dos seus colaboradores lle tomaran o pelo de tal xeito. Pobre don Mariano! Utilizárono como unha “marianeta”. Non hai dereito, home!!
 

Dialéctica