CORRUPTOS

É incrible a fachenda do candidato do PP, cualificando de corrupto ao aspirante á presidencia do goberno, por presentarse á investidura sen os votos necesarios. No se trata xa de criticar a falta de valentía e respecto institucional de don Mariano, pois diso encargaranse outros. Mais do que si hai que tratar é do descoñecemento que do significado da palabra corrupción ten o líder conservador. Porque corrupción é encher os petos propios ou os dun partido político co diñeiro público; ou recibir cartos a cambio de favores; ou meter man nas caixas públicas de deputacións, concellos, etc. É unha verdadeira mágoa que o señor. Rajoy non saiba distinguir entre o que é corrupción e o sentido da responsabilidade. E o peor é que a súa ignorancia parece ser compartida por todos aqueles que celebraron con aplausos a súa “metedura de pata”. Parecían un grupo de “futboleros” aplaudindo  ao seu dianteiro centro, despois de marcar un gol coa man e en fora de xogo. Que peniña! 

CORRUPTOS

Te puede interesar