Despropósitos

Que cada día hai un maior recorte nos dereitos e liberdades é obvio. Agora tócalle ao dereito á folga a moderación. A proposta que as centrais sindicais están programando en Galicia para o próximo 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, mete medo. Non se convoca unha folga xeral –talvez temen falta de seguimento?– senón que se propoñen paros de dúas horas que apenas van repercutir no funcionamento de moitos sectores. Ata vin que, nalgunha empresa privada, UGT e CCOO falan de 15 minutos de inactividade e agradecen a colaboración da patronal. Incrible! A folga de mulleres non pretende discriminar nin ir contra os homes, como cren algúns. Aspira a facer visible o que suporía a ausencia delas no traballo, nos coidados (de nenos e maiores) e no consumo. Así de fácil. Que é elitista, alegan outros. Por suposto! É a clara evidencia de que moitas mulleres non poden facer uso do dito dereito. De aí que sexa necesario que as que aínda podemos paremos todo o día e nos deixemos de medias tintas. Os motivos non son para menos.
 

Despropósitos

Te puede interesar