A eivas e disputas no imperio

|

Sen restar importancia a que nas eleccións estadounidense Donald Trump perdese a presidencia, co que isto implica respecto dun cambio aínda que sexa morno, nas políticas cara o interior, non se debería subestimar o que esta derrota implica para a ultra dereita internacional. Pensemos en Bolsonaro en Brasil e en varios países do leste de Europa, mesmo na cobertura que o goberno Trump lle deu a Israel outorgándolle como propios territorios ocupados e medios para intervir militarmente na sua contorna (Líbano, Siria, Acerbaixán, etc.). 

Aínda así, non se deben esperar grandes cambios en materia de política exterior, os demócratas apoiaron as sancións contra China e destacáronse por colocar a Rusia no centro da confrontación, atribuíndolles unha inxerencia que nunca se probou, e cando como norma este éo o xeito de axer de Washington en todo o mundo. Ou sexa, a disputa pola hexemonía non é previsíbel que recúe, no mellor dos casos estará máis definida, será menos conxuntural. 

Sen dúbida o aspecto de maior transcendencia que deixa este proceso electoral foi reflectir o grao de división que existe na sociedade estadounidense, algo que ademais Trump alentou para lle tirar rédito electoral. E aínda que perdeu as eleccións, os resultados amosan que as súas prácticas e actitudes contan con moita complicidade social, máxime tendo en conta a súa tráxica xestión da pandemia do covid-19. Polo tanto, malia que Biden chame á conciliación, as votacións e a mobilización da xente indica que a situación do país está moi polarizada, e noso só pola polémica diante da inmigración, os dereitos da muller, a ecoloxía,... senón ademais, e pode que este sexa o aspecto central, por como dar resposta á extensión da pobreza e marxinalidade, e ao retroceso nas expectativas de futuro. 

Dado o contexto e a tendencia dominante nas relacións laborais, na economía e na política, non é casual que un 57% da poboación coide necesario un terceiro partido. Nunhas eleccións tan tensas como estas, un terzo do electorado non votou. O interrogante é, non só se se manterá e mesmo acentuará a confrontación entre republicanos e demócratas, co que isto implica, ou se esta disputa terminará abrindo opcións ao pluralismo político, hoxe secuestrado polo bipartidismo por normas e custes das campañas. Non semella casual que o triunfo de Biden o sentisen como propio, evidentamente con matices, o PSOE, PP, e Ciudadanos, reflectindo até que punto ese neste intre  Biden representa o sistema. Chegará para superar esta etapa senil? 

A eivas e disputas no imperio