Guerra

Seica estamos diante dunha situación de guerra en Siria e, outra vez, a desculpa hipócrita volve ser a mesma que no caso de Iraq, é dicir, a presenza de armas químicas no país en conflito. Eu non sei a diferenza que hai entre morrer por armas químicas ou ser esnaquizado por unha morea de bombas; e aínda que me parece ben a prohibición das armas químicas, coido que sería mellor prohibilas todas.
Ocorre que, ao longo da Historia repítense as guerras, motivadas maiormente por intereses económicos e estratéxicos. E dentro da estratexia poderíase incluír a renovación por parte dos grandes exércitos de hoxe, de todas as municións que almacenan, que teñen data de caducidade e que, despois de certo tempo perden eficacia.
Nese caso, calquera guerra representa unha oportunidade ideal para se desfacer dese material e dar traballo ás fábricas, que axiña volverán a repoñelas para a próxima ocasión. Pois ben, calquera que sexa o motivo, eu digo: ¡NON ÁS GUERRAS!

Guerra

Te puede interesar