Apoiémolos

A covid-19 estanos a demostrar, o insignificantes que somos os humanos a pesar da importancia que nos damos. Un organismo que nin se ve, está a por en xaque a todas as sociedades, incluso as máis desenvolvidas. Este virus estanos a dicir, que a natureza non necesita de nosoutras para que haxa vida, en cambio nosoutras si necesitamos da natureza para vivir.
A covid-19 no estado español e na Galiza, está a facer estragos na nosa economía. Unha economía baseada no sector servizos, no turismo, sobre todo de turistas de fora do estado. A covid-19 puxo moitas limitacións para que viñesen europeas ou doutras zoas do planeta, quer por por ao estado como zona de risco, quer pola corentena. Segundo diversos estudos económicos, a finais de agosto o estado español perdeu perto de 40 millóns de turistas con respecto ao 2019. Isto significa que dos case 65 mil millóns de € que deixaron no 2019 de gasto estes turistas, este ano 2020 por mor da pandemia, o gasto foi de escasamente 15 mil millóns de €. Un estado español que intento tirar do turismo do propio estado para amortecer o golpe producido pola pandemia, mais non conseguiuno. E indubidábel que un estado que ten as súas obreiras, a súas traballadoras en unhas condicións na maioría das veces precarias, con salarios baixos e sen ningún tipo de seguridade laboral, con certeza que non pode ter un turismo propio forte. As reformas laborais do PP e a precariedade laboral que aínda a día de hoxe están sometidas as traballadoras galegas, está a facer que o gasto destas en viaxar, con todo o que con leva, sexa mínimo.
Máis aquí na comarca o principal motor de emprego guste o no nos guste a día de hoxe, é a hostalería. Unha hostalería que tamén na nosa comarca, esta seriamente afectada pola pandemia a cal, esta a facer, que moitos empregos xa se perdesen e outros moitos, estean ao borde do abismo. A inseguridade e as incertezas que esta a traer sobre todo no laboral e económico a Covid-19, xunto co medo sobre todo da xente maior a contaxiarse, esta a facer que o numero de clientes baixasen de xeito considerábel. Máis agora coas novas restricións totalmente necesarias, que entran a funcionar no día que estou a facer este artigo, vai facer que o sector hostaleiro da nosa cidade, aínda esmoreza máis. 
É por iso que agora mais que nunca, as habitantes desta comarca, aquelas que poidamos, fagamos un esforzo en apoiar a nosa hostalería, aumentando no posíbel o noso consumo mais sobre todo, respectando os tempos de permanencia nos establecementos e facendo un pouco de empatía social, xa que, debemos ser conscientes, de que os locais teñen menos aforamento o que significa ,menos mesas, menos clientes, menos recadación, co cal, no mellor dos casos, máis dificultades para ter unha empregada.

Apoiémolos

Te puede interesar