O fracaso da candidatura

Por moito que se alporicen eses patrioteiros que alguén chamou de folla de lata, estou convincido de que somos moitos neste país os que nos aledamos de que non saíse adiante a candidatura de Madrid para os xogos olímpicos do 2020.
Nunha situación como a nosa, con mais de cinco millóns de parados e un futuro nada optimista, a pesares dos cánticos tan triunfalistas como interesados do goberno, é certo, como xa dixo alguén, que hai outras frontes mais importantes e urxentes onde empregar os cartos. Aínda hai moito que andar e sobre todo que cambiar neste país para saír da crise.Segundo o xornal, a embaixada española mesmo semellaba a corte dun faraón, dando a imaxen falsa dun país que vive na abundancia. Fala tamén o mesmo xornal dun gasto de nove mil oitocentos millóns en infraestructuras, sin saber agora cal vai ser o destino das instalacións deseñadas para acoller os xogos. As preguntas son obrigadas:
Quen é o responsable desta nova desfeita? Estamos diante dun novo caso de corrupción? Quen se beneficiou destas obras? A quen se lle ocorreu adiantar unhas instalacións que, paradoxalmente, á hora de avaliar a candidatura forón un factor negativo ante o razoamente lóxico de que no ano 2020 xa estarían obsoletas?
Semella que no COI hai máis sentido común que no Goberno de España ao negarlle a organización duns xogos, tan importantes para toda a humanidade, a un país que, por moito que nos doia recoñecer, está inmerso nunha situación económica da que só saíremos cun profundo cambio de mentalidade de toda a sociedade, e isto non é cousa doada, terán que pasar moitos anos para acadalo. Agora deixemonos de buscar explicacións, de conspiracións “xudeo-masónicas” e doutras andrómenos que xa andan en certos medios e centremonos nos problemas que nos atinxen, e o primeiro de todos, como teimudamente veño dicindo nos meus apuntes, e o paro, que hai xente neste país que está pasando fame!, e semella que non nos queremos decatar. E xa non falo da lamentable a reacción patrioteira na porta de Alcalá.

O fracaso da candidatura

Te puede interesar