Cen anos despois imos a peor

nacionalismo e unha afirmación: afirmación da existencia propria; é unha creación: a creación do pensamento proprio; é unha acción: a acción complementaria do pensamento; e pois sempre un amor expansivo e creador como todos os amores. Por iso o nacionalismo sempre é un apostolado fecundo e nunca un sectarismo intransixente”. 
Empezo este artigo con este texto de Lois Peña Novo, xa que este venres oito de Febreiro cumpren se cen anos desde que Lois fose elixido o primeiro concelleiro nacionalista na Galiza. Por primeira vez na Coruña, escoitábase o galego no salón de plenos por parte dun político e a partir de aí, o galego foi normalizado na vida administrativa. Peña Novo era unha persoa que tiña ben claro, que a Galiza necesitaba seguir o seu proprio camiño e marcar por ela mesmo o seu rumbo, se quería desenrolarse e ser parte do mundo con plenitude. Xa daquela defendía os sectores produtivos do pais (pesca, agro, gandaría, monte etc.) e sabia da necesidade imperiosa dunha industria transformadora erradicada na propria terra, ademais de coñecer as nosas potencialidades e capacidades pra atraer outro tipo de industria. Era un firme defensor da igualdade de dereitos entre mulleres e homes, da cultura galega e do idioma do cal dicía, que se non faciamos e potenciabamos a nosa cultura propria, na nosa lingua, non seriamos quen de estar no mundo ademais de ser un atraso pra este e seriamos presa fácil de outros povos colonizadores. Lois foi un membro activo das irmandades da fala e participo enerxicamente na redacción do estatuto de Galiza 
Cen anos despois o sono de Lois, as súas arelas de unha Galiza desenvolvida plenamente non se realizaron se non que, foi i está a ir a peor. Hoxe en día o noso pais segue a ser totalmente dependente, no que se refire as tomas das decisións fundamentais que afectan ao noso desenvolvemento, de un estado español dos mais centralistas na nosa contorna aínda que, os seus políticos presumen e gustan de dicir todo o contrario
 Porque neste momento histórico que nos esta a tocar vivir, Galiza atopase por exemplo, con un rural que desde vai anos está afectado por unhas políticas da Xunta e seguramente ideadas en Madrid as cales, o seu fin é que a xente moza o abandone, pra deste xeito ser presa doada do monocultivo do eucalipto. Porque no fondo o que se desexa desde o governo do PP é que non haxa testemuñas da desfeita que esta a sufrir o noso monte pra favorecer a industria madrileña. Podemos falar tamén do agro ou da gandería; sendo nos os maiores produtores de leite do estado, ademais de ter un produto de unha calidade excelente e superior á das outras terras, as nosos gandeiras son as peor pagadas e teñenserios problemas pra poder subsistir e non pechar as explotacións. A falta de industria transformadora de toda a nosa materia prima, esta a facer, que ademais de perderse milleiros de postos de traballo cualificados, o noso sector primario xere pouco valor. Ou falamos doutro tipo de industria xa case anecdótica no pais,máis altamente contaminante. Cabe sinalar que somos unha das zona do estado que menos industria ten e sen embargo somos os principais emisores nun numero importante de partículas nocivas pra o medio ambiente e saúde dos seres vivos. Tamén compre dicir que hoxe en día a construción e a hostalería xa teñen mais importancia no PIB, que o peso da industria con todo o que isto supón; é dicir salarios baixos, ningún dereito laboral e contratos precarios.
Nestes derradeiros días, o principal altofalante do PP de Galicia, está a publicar unha serie de titulares na que nos di, que o país esta creando moito emprego e xa estamos en cifras de desemprego a niveis da antes da crise. Unha noticia que pode ser “verdadeira” mais si facemos a lectura correcta a cal, debe falarnos das decenas de milleiros de persoas en idade de traballar que abandonaron e están a emigrar do pais nestes derradeiros anos, xente que xa non está nas listas do desemprego, non por traballar na terra senón fora dela, é normal que baixe o censo de desempregados na Galiza. Ademais o relato que están a contar ten outra cara: Os postos de traballo que se están a crear aquí, é en empregos onde baixaron notablemente os soldos i endureceron se as condicións laborais, ademais de ser na súa maioría a tempo parcial, segundo está a denunciar a CIG. E senón que lle pregunten a Cáritas a cal, xa avisou por activo e por pasivo, que cada vez vai máis xente, que ten traballo e que non dan chegado a fin de mes, a pedirlles axuda. 
Poderiamos seguir falando, por exemplo dos universitarios, un dos grupos que maiores taxas de desemprego ten na Galiza e que a única opción que lles queda se queren traballar no que tan duramente se prepararon e sair pra fora, a pesar do que nestes derradeiros días están a dicir certos medios de comunicación, de que se está creando emprego altamente cualificado no país e que están a retornar os licenciados. Retornan tres centos. emigran varios miles ao ano; mal negocio pra Galiza 
En definitiva e xa pra rematar: ”Eu quero que Galiza entre nos concertos dos pobos civilizados; quero que fale a súa lingua, que desenrole a súa cultura, que aporte o seu esforzo á civilización da humanidade; mais atopase escravizado por un estado político que lle impón unha lingua, un dereito e unha cultura allea, que lle afoga as súas fontes de riqueza; por iso os galegos debemonos organizar en cruzada miazosa e forte para o acabamento dese estado” Lois Peña Novo (1893-1967) :Teu pensamento é a nosa loita;a túa obra, a nosa razón de ser

Cen anos despois imos a peor

Te puede interesar