Terceira

|

A verdade é que dende un punto de vista meramente intelectual esta columna é doada de facer. O que debe de ser realmente complicado de defender é a postura de que alguén polo feito de nacer no seo dunha determinada familia teña que reinar sobre o conxunto dun estado. Séntoo pero non se me ocorre nin unha soa idea coherente e racional para xustificar esta circunstancia. Isto é así e por iso sempre recorren os monárquicos a elementos afectivos para falar do asunto, xa saben, a “campechanía” e esas cousas. Cuestións que cada vez soan menos, miúda temporadita que levan os Borbóns. Tamén é habitual utilizar a coroa como espantallo de non sei que temores, coma se fosemos nenos pequenos incapaces de convivir sen o discurso de Nadal. Hai tempo xa que a familia da Zarzuela non personifica o benestar; este non existe como ben común na nosa sociedade e o progreso en todos os campos se adiviña nunha futura República.

 

Terceira