Ferrol(l)pénico

Cando en medicina se fala de enfermidades idiopáticas, estanse a referir a aquelas de orixe ou causas descoñecidas. Non é este o caso das patoloxías crónicas de Ferrol. Sábese moi ben o que e o por qué se producen. A principal doenza, a severa anemia ferro(l)pénica (por falta de chapa que cortar e ensamblar nos talleres dos nosos estaleiros), levámola padecendo desde hai décadas. Isto provocou o demantelamento do tecido industrial e empresarial da comarca, co conseguinte debilitamento económico e un galopante desemprego (32% de taxa de paro). Mentres tanto, o ministro de Facenda, señor Montoro, asegurando no Congreso dos Deputados, perante unha intervención da deputada Rosana Pérez do BNG, que os estaleiros de Navantia non só teñen unha ocupación realmente alta, senón que afortunadamente en Ferrol hai carga de traballo garantida para bastante tempo. Repugnante tomadura de pelo. Unha política que dá pena.

 

Ferrol(l)pénico

Te puede interesar