CANIDO BUSCA IDENTIDADE

O Barrio de Canido, situado nun  dos miradoiros máis senlleiros da nosa ría, A Malata, antiga fonte de riqueza e disfrute dos seus moradores, hoxe abandonada a sorte dos sumidoiros e que está en grave perigo de convertirse  en camiño de formigon do trazado Sur que pretende levar pola  Ensenada o tren ao Porto Exterior.
  Conservase no Barrio de Canido un fermoso Baluarte, recordo  da muralla de Ferrol, sacrificada en pro dunha modernidade que non sabe integrar historia e tradición cos novos tempos.
En Canido  aínda  alentan, no Muiño do Vento os cheiros da desaparecida Tafona(industría de fariña e pan).
Lugar único na contorna, donde nunca se deixaron de celebrar “Os Maios” festa na que os nosos antepasados festexaban a eclosión da natureza, preñada  de sementes que agromaban para a mantenza e a ledicia colorida do solsticio da primavera. Canido, rico en hortas, donde os seus habitantes formaban unha comunidade singular, integrada co medio. As portas das súas casas nunca se pechaban, e estaban todos para todos.
 Hoxe en día podemos visitar un testigo solitario da vida dos nosos veciños/as, na estrada Alta do Porto(R/ Celso Emilio Ferreiro) a Fonte de Insua.
Pois ben, Canido  semella que naceu hai pouco anos, e toda esta reducida relación de características que vos relato. Todo o que persoas investigadoras contan  sobre as orixes, a história e a tradición do noso Barrio non existe.
Canido nace coas “meninas” cando a alguén se lle ocorre pintar as casas de caricaturas do cadro de Velazquez “ As Meninas” Xa de facelo, podiano  ter feito en lugares con máis pedrigree, por tratarse dun cadro da “Corte dos reis do Estado” E  as casas vellas de Canido seguen caendo a pesar do sofisticado das “meninas,” máis que dar orixen a un cambio de estado para mellor, producen amargura, con esas pinturas desubicadas nas súas ruínas sen solución.
Mais, non hai porque preocuparse. Xa solucionamos este proplema de mala ubicación. Agora vaise pintar un gran mural de “meninas” no Centro Cívico de Canido, pois xa está.  Meninas nos edificios públicos municipais. Non importa o que custe, ¿ que son os cartos para dotar a un barrio de identidade? Case 40.000€, sen consultar co tecido asociativo, nin levar a cabo un concurso de ideas, nin pescudar se algúns artistas o farian a baixo custe nestes tempos de crise. Non señor, non, nos pagamos a quen nos de a identidade que non tiñamos, sen máis discusións, sen lerias.
Mágoa de tanta pobreza mental, de tanta inquina ao que representamos como pobo, mágoa por acordar tempos tan estranos nos que nos avergoñamos do que somos e se venera sen ningún tipo de reflexión ao que ven de fóra, aínda que non teña nada que ver con nós.
“...Primeiro ser e despois triunfar...”. dicia Castelao. E nós nunca triunfaremos se non sabemos quen somos, e o que podemos facer co que somos.
Por  todos os que levamos apegado na alma a nosa identidade.
Canido, xa ten identidade, é non son as meninas.

CANIDO BUSCA IDENTIDADE

Te puede interesar