AGRADECEMENTO

|

O domingo recibín unha grata e inesperada sorpresa: unha chamada de Rosa Méndez, exaluna avantaxada que foi no seu día na Facultade de Humanidades.
A chamada era para facerme saber que o de Vila Podre –que eu manifestaba non saber cando comezara a utilizarse– databa de cando se decidiu verter á ría, na zona do Arsenal, as augas fecais xeradas pola maior parte da poboación, Ferrol Vello, por exemplo, por lóxica non verquía aí.
O cheiro era tan nauseabundo e insoportable que daí a que aparecese unha nova denominación da localidade só houbo un paso.
Pensemos da zona da enseada da Gándara na actualidade. Agora o fedor xa non depende das mareas: xa se fixo permanente.
Pois o do século XIX, coas vivendas da Magdalena bastante próximas, non lle debería ir á zaga.

AGRADECEMENTO