DECISIÓNS SORPRENDENTES

Resultoume sorprendente a cantidade de información aparecida en tódolos medios de comunicacións relativa ó concelleiro  do PP de Mugardos que a pasada fin de semana se negou a someterse ó test de alcoholemia a requirimento da policía local de Ferrol, alén das resistencias e cruces de palabras que, polo que contan, adoitan ser habituais nesas circunstancias. Sorprendeume o volume informativo dedicado ó tema. A nova podería ter alto interese informativo se o infractor fose unha persoa de certo relevo público, que non é o caso, por iso non se entende moi ben o porqué da presenza da noticia en primeiras planas. Tamén non entendo as razóns políticas que levan a pedir a urxente saída do cargo a quen comete actos, que, sen ser desculpables en absoluto, ó meu entender, teñen unha gravidade non maior que os levados a cabo por outros políticos que, lonxe de ser cesados, son ratificados nos cargos e apoiados polos seus partidos ata as últimas consecuencias. Nin pinga de alcohol ó volante nin de corruptelas variadas nos despachos.

 

DECISIÓNS SORPRENDENTES

Te puede interesar