Polémica

ai uns días, estalou unha polémica por mor da conmemoración do vinte cabodano de Miguel Angel Blanco, aleivosamente asasinado por ETA. Organizáronse varios actos en lembranza do rapaz con motivo, segundo algúns, de que iso foi o comezo do fin da banda terrorista. Mais, que se pretende con esa declaración? Darlle máis mérito á gota que desbordou o vaso, esquecendo o anterior chorreo de vítimas? Paréceme moi ben que os seus parentes, amigos,  veciños e membros do seu partido político, lle fagan todas as homenaxes que queiran, pero a nivel institucional, non se debería diferenciar a unha vítima das demais, a non ser que alguén queira agora, tirar proveito político dese triste suceso. Din que a súa morte fixo reaccionar á sociedade vasca e mesmo a toda España. Pois ben, a min, dentro da dor e o cabreo dese e de todos os asasinatos, dóenme as mortes de Amador e Daniel, que tamén marcaron o principio do fin daquela, segundo Celso Emilio, “longa noite de pedra”.

Polémica

Te puede interesar