ESTILOS

Seica hai moitas formas de facer periodismo e diferentes estilos e xeitos de dicir as cousas. Coido eu que  o principal cometido do periodista é o de informar ao lector de maneira veraz e concreta, mais non sempre esa información cumpre con esas dúas condicións. Nembargante paréceme que o xeito e o estilo do escritor describe fielmente a personalidade do autor e a súa visión da vida en xeral. Partindo da base da necesidade que ten un periódico de satisfacer os gustos dun amplo espectro de lectores,  normalmente atópanse nun periódico diferentes opinións sobre os mesmos temas. Mais hai un xeito valente e directo de dicir as cousas, sempre respectable cando se responde co propio nome e fotografía, e outro xeito menos respectable, que aproveita o anonimato para facer crítica insidiosa, recorrendo ao chiste fácil e inventando alcumes para desprestixiar á xente que non é da súa devoción. A min gústame máis o estilo de Patiño. Unha aperta, compañeiro!       

ESTILOS

Te puede interesar