O mozo da Preysler

Moitas de nós, mulleres, temos que estarlle agradecidas a Isabel Preysler. Si, ela foi quen de resarcirnos, en certa medida, por todas esas veces nas que nos vimos tratadas como “a señora de”, sen selo e, por suposto, sen querelo, ao converter un dos escritores máis galardoado e recoñecido no “mozo de” e talvez, dentro de pouco, no “marido de”. O “señor de”, afortunadamente, é inimaxinable. A evolución desta muller é digna de admiración, e non o digo con segundas. Abandonou os seus estudos para ser a esposa de Julio Iglesias, pasou a ser a señora do Marqués de Griñón, a muller do exministro Boyer e agora é Isabel Preysler. Cousas da linguaxe, que é fiel reflexo da realidade. Por iso gosto da terminoloxía do galego para as relacións de parella. Nós temos mozo, home ou querido, este último con matiz pexorativo e en boca doutros. Por iso non puiden senón esbozar un sorriso maligno e pracenteiro ao escoitar: “Mira que ben lle veu a este xuntarse coa Preysler, aghora seghuro que vende tanto como Jorge Javier Vázquez”.

O mozo da Preysler

Te puede interesar