TORRENTE

Nano 2008 empecei a coordinar o Centro Torrente Ballester. 
Ese espazo ten un especial significado na miña vida persoal e profesional. 
Sempre se abordou o Centro dunha maneira moi artesanal, non pode ser doutra maneira nun equipamento importante, o máis grande xestionado en Galicia unicamente desde o orzamento dun Concello. 
Pese ao agarimo e a algúns momentos brillantes nunca conseguiu facerse o oco necesario entre os hábitos do conxunto da poboación. 
Conseguir que isto cambie radicalmente é unha das miñas maiores ambicións. Moita xente da cultura de fóra da nosa cidade coñéceno como o oasis ferrolán e algo máxico habita entre os seus muros.
 

TORRENTE

Te puede interesar