DESENVOLVEMENTO

A estas alturas do século XXI e despois do fracaso que significa a crise económica e financeira, non parece posible un desenvolvemento social progresivo baseado nun sistema neocapitalista para mellorar o benestar dos cidadáns. Esa evolución positiva só podería producirse se os que manexan o “tinglado” económico, renuncian a unha parte dos seus cuantiosos beneficios para investilos na mellora  dos salarios e das condicións de traballo, de aqueles que son precisamente o principal medio de creación das súas ganancias. Non serve unha constante evolución tecnolóxica se non se pon ao servizo dunha mellora social. Cando se inventa unha máquina que elimina varios postos de traballo elimínase tamén a posibilidade de varios posibles compradores do produto que aquela máquina fabrica e, xa que logo, o beneficio do capital vese minguado, por mor dun exceso de oferta e a escaseza da demanda. Crear postos de traballo con salarios dignos podería ser a verdadeira saída.

 

DESENVOLVEMENTO

Te puede interesar