Lotemos por nosos barrios

|

 ai uns días dabanlle a distinción a Canido como o mellor barrio da Galiza. Un recoñecemento que e froito do traballo a prol deste por parte das súas representacións veciñais, cuxa semente puxo Elia Rico ex concelleira do BNG e ex-directiva da AAVV de dito barrio no concello de Ferrol. Un barrio que mestura tradición, rural, cidade e futuro e aínda que ha cousas que moitos de nos non partillamos, como por exemplo as Meninas, algo que non ten nada que ver co barrio nin no cultural, histórico, xeográfico nin en ningún eido no que o poidamos reflectir e comparar, xa que ben a ser igual que si en vez das Meninas, fazemos o día a Levis Strauss é dicir, nada con nos. Máis si é certo que o traballo que esta a realizarse desde xa vai uns cantos anos, mellorou notablemente a calidade de vida no barrio.
Porque son os nosos barrios os grandes dinamizadores das cidades e unha parte fulcral dos barrios son os pequenos comercios. No estado español, os pequenos comercios representan case o 6% do PIB do estado e preto de 2 millóns de pessoas, entre autónomos e pessoas no réxime xeral da SS viven del, a pesar de que no 2018 preto de 7 mil comercios pecharon no estado. Uns comercios onde a relación entre propietarias e dependentas na maioría dos casos, dura moitos anos. Ademais disto, este tipo de negocio so trae cousas positivas, quer pra economía quer pra o meio ambiente. Establecementos onde o lóxico é atopar un trato próximo cara o cliente, consumo responsábel e sostíbel xa que, imos mercar aquilo que nos é necesario e non saímos con meia ducia de produtos superfluos, favorece a economía local xa que, os cartos non saen dos circuítos proprios da comunidade, favorece o emprego local, dinamizador das cidades e do rural, proximidade co cal, o mercar no barrio supón, non ter que coller ningún sistema de transporte pra desprazarte, atrae servizos públicos cara os barrios ademais de fazer de efecto chamada de novos negocios, máis cantidade de produtos da localidade a venta ect...
Estudos da UE acreditan, que 1 de cada 7 empregos en Europa é no pequeno comercio. Xunto a isto cabe sinalar, que investigacións de diferentes universidades nos EUA, país onde as grandes trans nacionais, multinacionais o grandes superficies campan as súas anchas, veñen a dicir que por cada dollar gastado no comercio local supón 3 $ en inversións e creación de emprego das diferentes administracións nas localidades mentres que, cada dollar que gastase nas grandes superficies non chega a un $ o invertido pola administración nos aspectos anteriormente citados.
Porque non “vale de nada” e o poño entre aspas, as axudas que desde o goberno galego podan ofrecer aos pequenos comercios pra que se adapten ao actual momento, se ao mesmo tempo permitimos e favorecemos non so as grandes superficies senón tamén as grandes plataformas de ventas on-line. Cando calquera de nos merca un produto nestes lugares, a maior parte do diñeiro gastado vaise da localidade un non sabe onde e so unha pequena parte queda pra pagar os salarios, xeralmente de empregos de baixa calidade na contratación a pesar, da gran cantidade de axudas que reciben das diferentes administracións pra este fin. Nin tan sequera os tributos que obrigalle a lei a pagar, quedan  na comunidade senón que, emigran xeralmente fora da nosa terra. Por non dicir as grandes plataformas on-line as cales, nin crean emprego, nin pagan tributos no país. 
Cabe sinalar a polémica que se montou vai unhas semanas. con as doazóns do farrapeiro agradecendoselle desde máximas autoridades políticas, ata colexios de médicos o seu “altruísmo” na doazón de aparellos de ultima xeración contra o cancro. Un suceso máis do esperpento deste estado español xa que. alguén no seu san xuízo pode denominar altruísmo a unha operación burda de lavado de cara ante a sociedade, xa que teñan vostedes claro de que de cada € doado a sanidade 10000€ foron evadidos (perdón este “señor” non evade fai enxeñería fiscal) ao fisco español?. Porque teñan por seguro que a sanidade pública galega non lle fai falta a falsa gratitude deste “señor” senón o que lle fai falta, é que o Sr Nuñez Feixoo deixe de detraer os cartos da sanidade pública, pra darsellos a sanidade privada, como esta a fazer desde que goberna. 
Máis volvendo ao tema dos barrios e do comercio detallista neles asentados, seria bo que desde o nacionalismo se explorase a posibilidade de crear na Galiza tanto a nível do pais, como nas localidades, sobre todo en zonas en declive como é o caso de Ferrolterra, a creación repito, dunhas moedas locais xa que en experiencias noutros países e falo de UK ,EUA ou Suíza, demostrou que son unha boa ferramenta pra: Frear o desemprego nas localidades, pra favorecer a economía local e o consumo de produtos locais, pra frear que o diñeiro abandone as localidades e ao mesmo tempo este continuamente circulando creando e producindo riqueza xa que, ter os cartos parados no banco por parte das empresas, non xeran ningún tipo de beneficio a estas ect...
Xa pra rematar é unha obriga nosa como cidadás, que fagamos dentro das nosas posibilidades un consumo responsábel, pra xerar riqueza nos barrios en definitiva na economía real. Barrios como o de Ultramar se vostedes mo permiten que tire pola casa, que dispoñen desde servizos dentais ata servizos de podoloxía con unha das mellores profesionais da comarca desta ciencia sanitaria, librerías como Limiar onde un pode atopar no seu escaparate, desde os libros do momento, ata libros moi interesantes que un nin imaxinabase que existisen, pequenas peixarías como Roque, con produtos excelentes e sempre frescos das nosas augas, tenda de alimentación das de toda a vida como Maruja a cal, leva mais de 50 anos dando de comer ao barrio, tenda ecolóxica con multitude de produtos a granel e ecolóxicos ademais de, ofrecer bolsas de papel pra o embalaxe ou carniceiras como Meigar a cal, ten unhas excelentes carnes e onde non poñen ningún reparo se levamos nos, os nosos proprios recipientes. En definitiva mercar nestes locais significa, dinamizar o barrio e fazer que novos negocios asentense nel pra o mesmo tempo, fazer de chamada a máis investimentos por parte dos concellos e de outras administracións, porque ao final é a pescada que se morde a cola. Por todo isto hoxe máis que nunca, Loitemos por nosos barrios!

Lotemos por nosos barrios