POLÍGONO PANTASMA

|

Aeroportos sen avións, urbanizacións sen habitantes ou polígonos industriais sen empresas, algunhas das paisaxes que nos deixou o noso particular xeito de entender o progreso. Habitualmente énchesenos a boca con termos como economía sostible pero o certo é que o negocio inmediato duns poucos, a especulación, esnaquiza o noso medio ou calquera outra forma de entender a economía. Nunha comarca onde pechan empresas continuamente, onde enormes espazos a tal fin destinados empezan a semellar escenarios dalgunha película apocalíptica, o noso alcalde publicita, sen consultar á oposición ou veciños, a súa nova solución en Mandiá. E o certo é que resulta unha fuxida cara a adiante para tapar a súa incapacidade para presionar entre os seus co fin de conseguir carga de traballo, infraestruturas ou ata recaudar, con normalidade, aqueles impostos que nos negan os que ocupan os mellores espazos da cidade.

 

POLÍGONO PANTASMA