A indefensión da muller

Hai tempo que tiña pensado falar disto. Certo que tamén arrepiabame o feito de que xa o ten feito moita xente, mesmo neste xornal, o cal invitávame a non insistir sobre o tema, máis ben a loucura, esa obstinación do ser humano por facer o mal sen importar as consecuencias. Penso que se as cousas non se dan amañado, a morte de mulleres vítimas da violencia de xénero continuará e non parará, por moito que se faga se sobre os autores destes actos malvados e inmisericordes non se actúa dun xeito consecuente. Non valen as penas que se están a impor cando no so se deixan mortos senón vivos, nenos, irmáns, padres, avós, fillos, amigos, a vivir o resultado da ignominia. Non valen as que hai cando a morte non é máis que o remate do longo sufrimento, do perdurable pesar de moitos anos de trato ultraxante, na que o dor é permanente como, en moitos casos, os silencios. Sobre estes tamén habería que falar –e moito–, porque non sempre se dan e abondan os casos en que, pese ós gritos ante as mesmas autoridades, chega igual a morte.

A indefensión da muller

Te puede interesar