Potencia exportadora. Por que de mercadorías e persoas?

Segundo o IGE as exportacións galegas, até o mes de setembro, medraron máis que a media do Estado español, concretamente un 7,6% fronte ao 3,2%. A esta boa nova sumase o feito de que as exportacións representan nada menos que un 8,1% do total, ou sexa unha cifra superior á media da poboación e do PIB da Galiza. Claro que se analizamos os seus efectos sobre o emprego industrial, que debería ser o máis beneficiado, os resultados non son nada optimistas. Dende o 1º até o 3º trimestre deste ano ano os ocupados/as no sector reducíronse, pasando de 169.800 a 167.000. Son dados aparentemente contraditorios, porén non é así, xa que as cifras oficiais e moitos dos analistas empregan de modo errado o conceito de comercio exterior, polo que os dados son parciais ao excluír o comercio co resto do Estado español, que constitúe preto da metade do total. 
Asemade, nestas cifras parciais aparece o sector da confección como o máximo exportador, por riba da automoción, cando o emprego industrial neste sector é moi baixo, e a de vehículos o cuadriplica. Estes resultados tan absurdos son consecuencia de estadísticas parciais, que ignoran unha parte substancial do comercio exterior. En poucas palabras, faise unha análise da economía marcada por conceitos ideolóxicos, xa que resulta evidente que comercio exterior é todo aquel que se realiza con territorios por fóra do que se toma como base do estudo, neste caso a Galiza. 
Ademais, o realmente importante é ter un resultado favorábel no saldo entre exportacións e importacións exteriores (incluíndo todos os territorios), e que este tamén sexa favorábel nos servizos e fluxo de capitais. E neste último aspecto é claramente negativo para o país galego. Somos fornecedores netos de capital, vía investimento exterior e repatriación de lucros das empresas de capital foráneo. E mesmo que as transferencias públicas fosen positivas para Galiza, estas perden toda eficacia como factor dinamizador, porque o saldo no sector empresarial (privado e público) é un burato polo que se marcha unha boa parte da riqueza creada.
Temos un papel subalterno na cadea de valor (colonial? neocolonial?). Unha dinámica que non mudou despois da crise, senón que se consolidou, tal como se manifesta na precariedade e baixos salarios, na alta taxa de desemprego e, como consecuencia, na emigración da mocidade e na caída da poboación. Para reverter esta tendencia fan falla cambios estruturais, e isto comeza por contar cun poder político disposto a que se realicen

Potencia exportadora. Por que de mercadorías e persoas?

Te puede interesar