Palestina. Esperanza

Ás veces os finais teñen un aquel que abre ás portas á esperanza. É iso é o que aconteceu a finais do 2016 coa resolución aprobada polo Consello de Seguridade da ONU  na que se lle esixe ao goberno israelí que remate cos asentamentos nos territorios ocupados aos palestinos.  Unha decisión que alegra os corazóns dos demócratas do mundo sabedores de que os “asentamentos” realizados desde o ano 1967 significan  destrución masiva de vivendas, desterrados, asasinatos, violencia e máis violencia... e  a violación dos dereitos humanos dos palestinos. Alén diso, supoñen  un dos maiores obstáculos para lograr a paz. 
Agora só fica que o inicio deste ano novo traia a boa nova de que o Estado de Israel respecte a resolución e remate coa política de ocupación. Certamente abriría outra porta: á da paz en Oriente Próximo. 
O paporroibo cantarúxalle ao solpor entre as espidas ramallas do pexegueiro.
 

Palestina. Esperanza

Te puede interesar