ESQUERDA

A raíz dos terribles sucesos de París veñen xurdindo declaracións, artigos, comentarios nas redes onde xente conservadora contrapón a realidade do mundo islámico coa nosa e onde de xeito máis ou menos explícito coloca á esquerda como permisiva, case colaboradora co que alí sucede. Fálase dos dereitos da muller e esquécese que é a loita feminista de esquerda a que permite avanzar en igualdade de xénero na nosa sociedade. Coméntase sobre liberdade sexual pero foi a esquerda a que deixou mártires no camiño. Menciónanse os avances científicos e sociais pero óbviase que a esquerda iluminou un mundo de mitos e escuridade. Enchen a boca de leis avanzadas aqueles que pretenden que o seu sentido da moral se converta en norma, é a esquerda quen o combate. É a esquerda a que advertiu que todo ese ardor guerreiro da dereita traería estas consecuencias. Quen de vostedes me quere dar leccións sobre liberdade de expresión?

 

ESQUERDA

Te puede interesar