Abrindo horizontes

Abrindo horizontes é a mostra que o Concello de A Coruña ofrece no Kiosko Alfonso, nela descubrimos cómo era a nosa cidade hai pouco máis dun século, pero tamén descubrimos a Valentín Mendía, un pioneiro da fotografía que asentou aquí en 1875, como empregado de Facenda, traballo que simultaneou co de fotógrafo e que tivo estudos no Cantón, na rúa Real e en San Andrés. Un estudo de Antonio López Mariño achéganos á súa vida e documéntanos da súa  labor no campo da fotografía. Sabemos, así, que él e o francés Luis Sellier foron os fotógrafos de máis sona da época, pero mentras Sellier se especializou no retrato, Mendía convertiuse no “fotógrafo que amaba a luz da rúa”, tal como o alcuma A. López. 
Esta feliz elección e a que nos permite hoxe –mercede tamén ao traballo de Xosé Caruncho– ollar A Coruña como era casi de finais do XIX; descubrimos non so a paisaxe, senon tamén o paisanaxe, podemos percibir esa mestura de urbe que está se modernizar, mais que aínda conserva trazas de vila, respiramos o sabor popular que documentan os vendedores do Campo da Leña ou os adubíos de homes e mulleres traballadores que aparecen nalgunhas vistas, como a da Casa Caruncho; mesmo ficamos abraiados ollando a estampa dun neno e un burriño parados na esquina do que hoxe é a praza de Ourense con Sánchez Bregua (daquela Porta da Torre de Abaxio). Os vellos nomes: Garás, Campo do Derribo, Campo de Carballo e Camiño Novo... traen tamén unha resoancia de músicas antigas, de tempos idos, nos que a toponimia era reflexo da vivencia do espacio. 
Aquela Coruña de perfís humanos, de arquitecturas tan típicas do noso ser, conservaba aída unha nítida liña do horizonte, sin altibaixos, tal como mostra unha vista xeral, feita por Mendía para un cartel publicitario publicado en París en 1885 e que o profesor da Universidade de Santiago Jesús A. Sánchez salienta como unha das máis elegantes e repetidas do século XIX; nela a bahía coruñesa e o istmo que leva á Torre locen en todo o seu esplendor; pensa o profesor que dona Emilia Pardo Bazán tivese en conta esta espléndida vista cando compara a nosa bahía coas de Nápoles ou Trieste. 
A cidade estaba a medrar cara o que hoxe é, pero aqueles cimentos que Mendía retrata, ollándoos dende agora, parecen ter alma, parecen decirnos que o que conservamos é o que fai a esta cidade tan singular e tan preciosa. Contemplamos a primeria pedra do Concello (1879) e paseamos polo vello peirao de ferro, abalados entre o hoxe e o onte que nos mostran esta fotos, que como todas as antigas (segundo di Susan Sontag) son fermosas.

Abrindo horizontes

Te puede interesar