Encaixe de bolillos

De sempre gusto do fútbol, de ir ós campos que teño ocasión. Así, cando botei catro meses en Montevideo, no ano 1989, seguín mo ide preto a clasificación das elección uruguaia par ao mundial de Italia no 90. Os chamados charrúas –exterminaron a todos os indíxenas dese nome– tiñan bo equipo. A primeira vez que pisei o Estadio Centenario foi nun partido onde se enfrontaron o Nacional de Montevideo e o Atlético Nacional de Medellín. O Nacional tamén tiña boa escuadra, gañara a Copa Libertadores de 1988. Lembro o “Vasco” Ostolaza, corpulento e fino, un ídolo no país e, especialmente, o colombiano “Tino” Asprilla, velocísimo e habilidosísimo, peza fundamental da vitoria do eu equipo. No Centenario escoiteille a un seguidor que estaba ó meu lado falar dun xeito meloso co equipo: “Juegue Nasional que usté sabe”. Recordoume isto o que Pedro Ferrández recollía no seu excelente e precioso artigo do  pasado luns: “es difícil encarcelar la conciencia despierta de dos hombres”, dito por un comentarista uruguayo despois dun gol de Messi. Son así. 

 

Encaixe de bolillos

Te puede interesar