A libre circulación europea

As recentes eleccións presidenciais francesas deixaron ben e explicitamente claro –por se alguén aínda tiña algunha dúbida- que os que mandan no mundo queren seguir mantendo a toda costa este sistema de insaciable rapina e permanente lucro duns poucos. Póñense, pois, moi nerviosos perante calquera situación que poida poñelo en perigo. E, consecuentemente, recorren ao que fixer falta para mantelo intacto. Obama, Hollande, Rajoy e tutti quanti apoiando Macron, mesmo como mal menor. Insuperable.
A experiencia dime que se ben todo o que o PP di ser bo é malo para a xente coma min, non todo o que Rajoy di ser malo ten que ser bo para min. Le Pen, por exemplo. E, xa nesas, pregúntome: é peor Le Pen que Trump? E calquera deles é peor que Aznar, ou que o propio Rajoy? Xa que logo, por que tanto empeño en Macron, mesmo por parte dalgúns que se din –e, obviamente, non son- de esquerdas? Unha das chatas que lle apuñan a Le Pen era que impediría a libre circulación dos cidadáns. Mais que está a pasar estes días cos accesos a Portugal pola visita do papa? Libre acceso? Todo se sustenta na mentira permanente.

A libre circulación europea

Te puede interesar