Violencia de xénero

A violencia de xénero vén definida como calquera tipo de violencia física ou psicolóxica exercida contra unha persoa sobre a base do seu sexo ou xénero. É dicir, non exclusivamente contra as mulleres, aínda que sexan as principais vítimas. Hai moitas que non denuncian por medo, e cantos homes e mulleres hai que non o fan por vergoña? De aí que non aparezan nas estatísticas. Por iso o próximo 25 de novembro, día que, desde 1999, se dedica á violencia contra a muller, talvez sería conveniente reflexionar que se está a facer mal para que o número de vítimas non diminúa. Dicirlle a un cativo que xogar con bonecas é de nenas, chamarlle nenaza cando chora ou cualificalo de marica se non lle fai caso a unha rapaza é violencia de xénero, e un bo caldo de cultivo para convertelo nun futuro machista que pense que debe desempeñar ese rol. Educar os nenos no respecto e na igualdade, desde todos os ámbitos, sería unha boa medida contra calquera tipo de violencia, a que afecta ás mulleres incluída.

Violencia de xénero

Te puede interesar