Retrocedemos

|

n non pode mais que sentirse decepcionado ao ver que esta sociedade, en vez de avanzar cara adiante, o que estamos a facer é ir cara atrás en certos temas. Conto isto polos datos que ultimamente están a saír nos medios de comunicación, de que a violencia contra as mulleres vai en aumento e xa non so en parellas de certa idade, senón que está a darse en parellas novas, incluso entre adolescentes.
 Ao ler estes datos un preguntase: que estase a facer mal pra que ocorra isto? E as posíbels respostas que se me veñen a cabeza están condensadas fundamentalmente en unha; os medios de comunicación. Refirome claro está a TV-Radio

Se nos parasemos a analizar a música que soa nas grandes emisoras comerciais, a música feita na España, que a excepción dalgunha que soa nas radios proprias dos diferentes nacións que conforman este mal chamado estado español é música 100x100 en castelán, podemos ver que unha cantidade importantes dos principais temas, a muller ou é obxecto exclusivo de un home (o famoso eres mía ) ou é unha muller que é incapaz de arranxarse por ela mesma (buscate un hombre que te quiera que te tenga la neverita llena) por poñer algúns exemplos. 
Xa non falemos de unha gran parte da música latinoamericana que soa nas radios onde en seus vídeo clips, a muller soamente é cu e tetas e o cantante aparece como macho dominante, poñendo poses e xestos que mais que macho dominante o que parece é parvo profundo. 
Máis o problema desta música non é de balde, xa que os expertos en psicología avisan de que si a principio dos anos oitenta a idade de comprensión da maioría dos temas musicais que soaban nas radios comerciais eran os dezasete dezaoito anos, desde fai xa mais de vinte anos, esta comprensión dos temas que soan hoxe en día nas emisoras está entre os sete e nove anos de idade. É dicir cada vez nas radios, os principais temas e a maioría da música que soa é de moi baixo nível e a rapazada, está exposta e influenciada por esta música desde idades cedas. 
Máis tamén termos a televisión, a cal, xa dende vai moito tempo é a nova relixión da cidadanía. Se miramos as series de maior renome, series que seguen a maioría da rapazada, podemos atoparnos por poñer un exemplo desde avogadas ou médicas( xa digo por por un exemplo) excelentes nos seus traballos mais despois,non paran de facerse pallas mentais cos problemas cotiás da vida, que o espectador que ve a serie acaba pensando; bo é que é muller. 
Mentres polo contrario, cando nesa serie o avogado ou médico é home, o retratan como un home serio, seguro de se mesmo, que toma sempre as decisións correctas, valente, que di a palabra apropiada en cada momento. Vamos o home que un pai e unha nai querería de compañeiro pra súa filla. Xa non vou a entrar a falar das películas, onde o tipo de amor que se idealiza é o amor romántico. Un tipo de amor que os expertos xa non dubidan en asegurar, que é unha forma de amar que favorece a violencia de xénero, onde a muller na case totalidade dos casos, é a que sae peor parada. 
Dito isto un pode entender que os celos, os cales son parte fundamental do ideario do amor romántico, nas enquisas que se lle fai a rapazada, estes os ven e entenden como demostración de amor máis que, como un problema de inseguridade e de intento dominio e control sobre a parella. Máis si que gustaríame facer unha reflexión do anterior: nos países moi pobres, xeralmente onde non hai “clase media” (poño entre aspas porque denominarnos clase media é unha gran estafa do capitalismo a clase obreira) en estes países o 100x100 das ONG que entre os seus programas de axuda teñen os micro créditos, estes nunca son concedidos aos homes. Sempre se os conceden as mulleres e estas na case totalidade os devolven, mellorando as condicións de vida da familia, como é comprando aparatos básicos pra vida (neveiras cociñas ect...) mellorando a casa, pagando os estudos das fillas-os, adquirindo máis terras pra o cultivo ect... Pois por algo será.
Tamén termos por outra banda a publicidade, en moitos casos machista e onde a muller é un puro obxecto sexual, como por exemplo nos anuncios de perfumes. Máis vai un par de anos, unha importante multinacional non se cortou nada, en por na súa publicidade, nenas de once anos con bikinis con recheo. Xa non a muller obxecto sexual, senón nenas de once anos que ademais, o dano que está a facer, é meter nas cativas a importancia de ter peitos, como unha das súas maiores máximas na vida. Isto se estivesemos en un país onde a muller fora considerada igual que o home é indudábel que a sanción que lle poría as autoridades, non lles quedaría máis gañas de tal ocorrencia, xa que este tipo de anuncios, tamén é posíbel, que favorezan a pedofilia. 
Compre dicir, que as rapazas deben ser educadas desde cedo, pra que a súa máxima nesta vida, sexa prepararse pra ocupar os postos máis altos na sociedade e non como está aínda agora, relegada a que seu triunfo sexa no ámbito privado, como nai, coidadora do fogar, fornecedora de afecto e cuidados aos seus.
Todo isto e moito máis, como por exemplo os canons de beleza da sociedade, moito máis esixentes coa muller que co home, onde a esta se lle esta a pedir incluso, que poña en risco a súa saúde, son con certeza factores que poñen un chanzo por abaixo a muller en relación co home e con toda posibilidade contribúen a chamada violencia de xénero. 
Xa pra ir rematando, compre que si queremos ter un país onde no futuro homes e mulleres estean en igualdade, onde a violencia de xénero estexa reducida a mínimos, é necesario que o feminismo estea na escola dende as primeiras idades, porque é de xustiza dicir, que o feminismo aparece na sociedade, pola necesidade de loitar contra as actitudes e as políticas en contra da muller. Políticas machistas e aptitudes machistas, inculcadas e feitas por nos os homes, cuxa única finalidade final é o control dos recursos por parte de quen ten a forza bruta, é dicir o xénero masculino. 
Mentres tanto e ata que vivamos nunha sociedade igualitaria entre homes e mulleres, fagamonos un favor e desenchufemonos dos mass media

Retrocedemos