Mamporreiros

Seica os partidos políticos definidos como “a casta” teñen como norma a designación dun dos seus membros máis leais para dedícalos a combater aos rivais con todo tipo de  argumentos. Alguén alcumounos como “mamporreiros”, comparándoos cos malos futbolistas que só serven para “repartir leña” aos máis destacados dos seus rivais. O tipo ideal de “mamporreiro” é un político gris, case sempre un home, que destaca pola súa lealdade ás siglas e a un determinado líder. A súa misión consiste en botar todo o lixo posible sobre os rivais, facendo louvanza continua de todo o favorable ao seu partido e procurando provocar e atraer as iras dos contrarios cara á súa persoa, de xeito que o inimigo  esquézase de atacar ao seu xefe. Este tipo de político non soe ter recursos para nada máis e, por iso, é utilizado durante algún tempo mentres a súa actividade dea resultado, rematando por ser colocado como concelleiro nalgún concello amigo. É unha mágoa de xentiña, non si? 
 

Mamporreiros

Te puede interesar