Profesionais da sinrazón

ministro Grande Marlaska facía hoxe referencia a que os xoves que están a protagonizar as graves protestas de Cataluña incluén tamén a “profesionais” perfectamente organizados. A verdade, teño que dicilo, é que a esa conclusión xa tiña chegado eu e, que se así o tiña pensado, é evidente que do mesmo xeito a maioría deste país. Vamos, que non facía moita investigación policial para eso, aínda que si é necesaria para chegar ao fondo do asunto e ver quen de verdade ten responsabilidades nel. Así que o dos “inflitrados” do president Torra non era moi alleo á realidade. O problema que se plantexa agora é como reducir o peso desa xentiña sen senso nin empatía e, polo tanto, sen respecto a ninguén. Porque que, que eu saiba, o de roubar en comercios aproveitando a confusión non ten moito que ver coa ideoloxía. A pelota, como non, está nas mans dos propios cataláns, ao menos da maioría, desas persoas que, como fixeron algunhas, sentaron entre os violentos e a policía para dicir, ben alto, basta!!!

Profesionais da sinrazón

Te puede interesar