Unha sociedade desorientada

TXT edÁ sociedade actual, non á soñada por algúns políticos senón á real, parece que non lle está resultando fácil aceptar que os homosexuais se xunten para formar parella e vivir coma se fosen un matrimonio tradicional. Para entendelo deberiamos caer na conta de que estamos a vivir tempos novos nos que o mundo evoluciona e cambia de tal xeito que non existe comportamento humano que permaneza moito tempo estable. Algo que á moitos cidadáns, como se pode comprobar a diario, non lles cabe na cabeza. E así ocorre con algúns hábitos e costumes chamados raros só porque non veñen herdados dos nosos antecesores. Pero o que se ten que asentar na sociedade é sempre a realidade humana e a homosexualidade é algo real e humano como estamos vendo. Os que teñan a vontade e a paciencia de afondar un pouco no coñecemento das culturas de tempos pasados, sorprenderanse de que a homosexualidade non é exclusiva dos nosos tempos, senón que existe dende pouco menos que a aparición da humanidade no fondal da África profunda, hai xa varios miles de anos. Quen se acerque un pouco a algunhas culturas ancestrales, poderá comprender que a homosexualidade non apareceu agora como consecuencia de ter aberto a porta á tanta liberdade, como di algunha xente. En case que todos os pobos e culturas do pasado existiu a homosexualidade. Tanto en Exipto coma na sociedade grega están constatadas coma normais as relacións homosexuais dende dous mil anos antes da era cristiá. Pero Europa, e principalmente a moi católica España, estivo atada polos ditados do Concilio de Trento de hai máis cincocentos anos. Así foi como a sexualidade era considerada algo malo e misterioso, e incluso sucio e pecaminoso. Excepto para procreación, porque non quedaba outro remedio xa que daquela aínda non existía a fecundación in vitro. Menos mal que agora o papa Francisco cos seus xestos e palabras proféticas sae en defensa dos homosexuais con estas firmes palabras: “Se unha persoa é gay ¿Quen son eu para xulgalo” O Papa quere liberar ás persoas oprimidas, sobre todo ás pobres e humildes, de cargas insoportables. Así é como este home, - a  ver cando é unha muller- o Papa, rompe con todos os tabús relixiosos que veñen oprimindo e trastornando a tantas persoas de boa fe. 

Unha sociedade desorientada

Te puede interesar