MEDIOS

É a miña obriga pensar habitualmente nos medios de comunicación, o sistema máis eficaz para achegarse á cidadanía. Coñezo o poder da prensa e tamén a necesidade de que existan a maior cantidade posible de voces na vida política de Ferrol. 
Comentaba o outro día o alcalde nas redes que este parecía un tema tabú para os políticos e ten razón. O certo é que eu sempre me sentín moi ben tratado, con respecto e mesmo cariño. Esfórzome por manter boas relacións persoais coas e cos profesionais da nosa cidade. Non son bos tempos para a lírica. Como case todo na nosa sociedade se perdeu boa parte do romanticismo. Son importantes empresas as propietarias e as que marcan as normas. A estas teriamos de pedir unha xestión máis eficaz e solidaria nunha actividade de tanta importancia social e mostrar o noso apoio aos xornalistas, aos que aínda poden exercer a profesión e ás/os que lamentablemente xa non. Moita sorte para o futuro.
 

MEDIOS

Te puede interesar