Das dramáticas paisaxes

Unha vez máis a dramática imaxe dos corpos de 117 seres humanos mortos nas praias de Libia volve a repetirse. E de novo unha vaga de indignación e de impotencia volve a sacudir as conciencias das sociedades europeas. Unha vez máis a trata de seres humanos por parte de mafias sen escrúpulos é titular dos medios de comunicación. O papa Francisco demanda que sexa  declarada  pola ONU como  delito de lesa humanidade.  Foron1.083 mortos no Mediterráneo nunha semana. É o drama que non cesa. 
Somos humanos e como tales todas estas inxustizas deberan afectarnos. Non pode haber espazos refuxio para os seres humanos con conciencia. Non poden existir salvavidas éticos que permitan deixarnos a salvo do que sucede sen tomar posición e non pensar en que o tempo pasa e os mesmos problemas continúan. Ten que formar parte da condición humana defender e asegurar a dignidade básica que nos da a condición de ser humano. Por riba de circunstancias e modas, de diferenzas de renda ou de relixións, están os dereitos que nos fan iguais e libres. 
Mentres, a campaña electoral continúa deixando a sensación de que esta película xa a temos vista. Seguen as imputacións nos casos de corrupción, que tampouco cesa, e neste tempo, imputan a Griñán e Chaves, xunto con  varias decenas de altos cargos que formaron parte dos gobernos andaluces. Que a verdade e a xustiza falen, e todos reciban o que merezan en función dos seus actos e saia o sol por Antequera. 

Das dramáticas paisaxes

Te puede interesar