Superarse

Paseniñamente,deleitándonos coa música da Fundación Menela, o teatro de Amicos do Barbanza, a cerámica de Aspas, os abalorios de Aspadex, os variados traballos de Affinor, Camf, Porta Nova, e os extraordinarios óleos pintados coa boca, o certame Superarse chega ó seu décimo aniversario.
Este ciclo cultural do Concello de Cerdido nesta década de existencia cumple sobradamente os seus obxectivos: 1) Ofertar un espacio público para ensinar a actividade creadora das persoas con discapacidade. 2) Ollar e sentir o seu afan e  gañas de superación e crecimento persoal. 3) Sensibilizar á sociedade e cuestionar positivamente o concepto de discapacitado.
A cita será de novo na sala de exposicións da área recreativa O Castro os próximos días 9,10,11 de agosto en horario de 17 a 20 h. Non se perdan a mostra colectiva de pintura de Apader e os sorprendentes óleos pintados coa boca de Jesús María Martínez.

 

Superarse

Te puede interesar