Funcionarios

Son as persoas que traballan nas administracións públicas. Algunhas, dependendo da súa categoría e da importancia do seu posto, chegan a acadar unha gran dose de poder. No pasado e nas administracións locais, por exemplo, os das xaneliñas tiñan moi mala sona e facíanse chistes á súa conta, con aquilo de “vuelva usted mañana” o “traiga usted las pólizas”, que era o xeito de amosar o seu cabreo, por un soldo máis ben cativo; en troques, os xefes, case sempre despóticos, como todos os xefes, vivían como sultáns, cada un enrocado no seu “Reino de Taifas”. Hoxe, a cousa cambiou moito, e os funcionarios “de a pé”, entre eles moitas mulleres, soen ser amables e procuran axudar ao cidadán que busca solucionar algún problema. Malia todo, segue a haber “xerifaltes” que coidan que os cidadáns son os seus subalternos e, co pretexto de defender ao “seu” Concello, son quen de redactar un informe torticeiro, prexudicando aos veciños reclamantes. Eu coñezo algún deses. Abofé.

Funcionarios

Te puede interesar