Rexeneración política

A rexeneración política ten que empezar polas persoas. Sen persoas rexeneradas non se pode cambiar o xeito de facer política. Por iso son necesarias na política persoas dispostas e convencidas de que o camiño no sucesivo debe ser por outro lado. Non pode haber unha política que mereza pena sen cambiar os actores. Precisamos deixar atrás a política enfermiza e corrupta que tanto trastornou a convivencia social. Empezar de novo con persoas que acepten poñer o seu entusiasmo e o seu esforzo en encarnar, dar vida, ás ideas e aos conceptos anovados que imos coñecendo. Que se acepte a responsabilidade e o compromiso de actuar na sociedade con un compromiso social exemplar. Os vellos partidos chegan viciados e deben deixar paso ao cambio. E aquí está a nosa obriga de sentirnos solidarios cos que están intentando esa necesaria posta a punto. Certo que estamos a falar de unha realidade moi indefinida, tendo en conta a variedade e a pluralidade de grupos, partidos, coa que nos encontramos a hora de distinguir o que está pedindo a sociedade neste intre. Con todo, debemos tomar con precaución a afirmación de que xa sabemos distinguir cal é opinión pública maioritaria. Non convén patinar por nos levaría á confusión. O camiño para acertar parece levar ao encontro con eses grupos concienciados de esta sociedade na que vivimos que andan ata o límite da resistencia por aguantar tantos abusos como se están a cometer con eles sen que ninguén responda nin pida perdón. Nestes casos a sociedade, ou aquela parte da mesma que abarca os sectores máis pobres e humillados, aparece a diario indefensa fronte aos poderes económicos e políticos. ¿Onde estamos, neste caso, os que figuramos como críticos da situación pola que estamos atravesando? ¿Onde están os cargos públicos responsables da orde e do benestar dos cidadáns? Andamos todos extraviados. Ninguén responde nin se fai responsable da situación. Custará esforzo dar coa solución porque a maioría escondémonos e o establishment evitar todo o que lle pode causar menoscabo ao seu poderío. Os perdedores si que sabemos quen son. Témolos apartados e vagan polas rúas e camiños cara a ningures. Parte deles encóntrase nas prazas en pequenos grupos. Outros piden esmola e non se cansan de denunciar a inxustiza da realidade social benpensante. Pero a pregunta está aí ¿quen conforma aquí a opinión pública dominante? Os grupos de poder que a fabrican ao seu xeito...
 

Rexeneración política

Te puede interesar