De farsas e memorias

Hai persoas que aínda non descubriron que foron unha pura farsa. Que militaron en radicalismos que nin tan sequera tiveron xustificacións nin principios.  Non pasaron de grupo terrorista. Nunca foron movemento de liberación de nada, nin ideólogos de ningún proceso de transformación e cambio. 
A transición e o conxunto da cidadanía, foron os que lograron os cambios e os autogobernos, pola vía pacífica do diálogo e dos plantexamentos políticos. ETA nunca foi necesaria. 
Tan só foi un pesadelo que arruinou a vida de demasiadas familias, en moitos lugares de España. Asasinaron, extorsionaron e causaron sufrimentos excesivos e inxustificados. E hoxe, tantos anos despois de ser vencidos, representan un sainete, un puro teatro e postureo, no que semellara que son eles os que abandonan barco e remos. Non é esa a historia que sabemos e vivimos. 
Tampouco agardábamos altos niveis de esixencia ética, nin de demasiada dignidade -aínda que fora artificial- a aqueles que fixeron da imposición e da violencia, o leit motiv das súas vidas. O único verdadeiramente importante é que non existen xa dende o ano 2011. E que non estarán na memoria positiva da construción da sociedade e dun país. 
Todo o contrario. Estarán sempre no debe do balance colectivo da sociedade española, que tivo que medrar cargando co lastre insoportable de un grupo, que non tiña máis norte que o terrorismo a calquera prezo. Nunca estiveron á altura dos tempos. Son absolutamente prescindibles e perfectamente esquecibles. O único que quedará deles, é a memoria das vítimas.
Non pensarte fíxose un exercito de imposible observancia - díxolle El con tenrura- forma parte do proceso natural co que se constrúen os días... Sentirte é a emoción elemental que da sentido a todo.

 

De farsas e memorias

Te puede interesar