Nazismo

otando unha ollada á Historia, pódese atopar certa similitude entre o nazismo alemán e o caso catalán.  Por exemplo: supremacía sobre os españois; intolerancia cos non acordes coas súas ideas; control das manifestacións sociais, educativas, económicas, relixiosas, culturais, artísticas (RTV incluídas); organización das “xuventudes” activistas (SS/CDR) ... Habería que engadir o culto ao máximo dirixente: Führer, Caudillo, Moi Honorable... A simple vista semella que non hai moita diferenza entre o nacionalsocialismo alemán e o “nacionalcatalanismo” do sr. Torra, que di defender “os dereitos dos seus compatriotas”. Será, xa que logo, que os “outros” non son patriotas. Para completar o cadro, só falta o intento de anexionar Aragón, o País Valenciá e Baleares (imperialismo), mais coido que algo diso xa se falara. Se cadra esta é unha visión esaxerada, mais en calquera caso, non entendo que ningún Demócrata apoie ese despropósito. E por min que se vaian. Digo eu, claro.

Nazismo

Te puede interesar