Aninovo

Velaí temos acompañando ao ano novo uns apuntes que poñen enriba da mesa o que a propaganda do réxime pretende ocultar. Non se trata, pois, de por en cuestión a anunciada mellora económica, se non sobre quen se cargou o peso da devandita recuperación. Pois aí teñen un dado, frío, do IGE : a seis de cada dez familias galegaso mes fáiselles moi, moi longo. E durísimo. Digámolo doutro xeito: en 476.000 fogares hai problemas para poder rematar o mes e en 138.000 hai unha enorme dificultade. Súmenlle que o 32% dos fogares teñen como ingresos só aqueles que proceden das distintas prestacións... E rematen coa conclusión que a ben teñan vostés. Eís onde o presidente do goberno galego e os seusconselleirosdeberían centrar as súas explicacións.  O grisallo do horizonte mestúrase co salseiro na barra. E por riba da Frouxeira e os montes de Ferreira a Vella o solpor camiña na procura dun novo día.
 

Aninovo

Te puede interesar