O señor Tardá

Escoiteino no debate sobre Cataluña e pareceume unha persoa honrada e sincera, cunha clara visión da súa realidade. Confeso que por un intre chegou a emocionarme a súa teima por acadar unha meta que ao parecer persigue desde hai moito tempo. Mais, co maior respecto e sen pretender rebater os seus argumentos, hai algo que me fixo matinar na súa determinación e firmeza. Trátase da seguridade coa que afirmou que a independencia chegará, en un ano, en dous ou en cinco, pero chegará, porque é imparable. Sen dúbida esa seguridade débese a o apoio de dous millóns de cataláns independentistas. Porén, non podo entender o súa falta de respecto para os tres millóns de cataláns opostos ás súas ideas. Acaso eles non teñen dereito a defender a súa integración en España? E, se Cataluña fose independente, non poderían eles loitar para acadar a integración en un ano, en dous ou en cinco, de xeito imparable? E pois, como se amaña iso?  Cunha Cataluña do leste e outra do oeste?

 

O señor Tardá

Te puede interesar