O poder da Igrexa (II)

Abondando no tema do artigo anterior, acerca do poder na Igrexa, continúo con este de hoxe. Trátase de unha cuestión fundamental para a Igrexa. Acertar na súa orientación depende de que a Igrexa poda ou non responder ás esixencias da súa misión, que non é outra que a de estar entregada por completo ao servicio dos humildes e, preferentemente, dos marxinados e dos pobres.
A ocasión para esta reflesión ben dada xa que o poder na Igrexa parece constituir o eixe do programa do Papa, segundo el mesmo acaba de manifestar nesta viaxe a Rio de Janeiro.
A penetración do poder na Igrexa, feita con todos os honores imperiais no século quinto, non a deixou nunca,  senón que, con altos e baixos, permaneceu sempre nela, ben escoltado polos xerarcas e o alto clero. E así se mantivo, intocable, ata a chegada da Modernidade e a entrada da democracia hai dous séculos. Foi entón, e non nas alturas pero si nas bases da Igrexa, cando comezaron a aparecer as primeiras manifestacións, incluso en sectores do clero, protestando contra os abusos de poder na Igrexa. Pero o cambio necesario non se ve aínda próximo nin encamiñado.
Con todo, coa chegada de Francisco e durante estes catro meses pasados, empezan a apreciarse síntomas serios de cambio. Mais a Igrexa supera ao Papa e o poder está aínda moi agarrado na estructura e nas múltiples organizacións dirixidas por monseñores con hábitos ancestrales e con poucas gañas de renunciar aos seus privilexios.
O Papa precisa neste momento, máis que do aplauso, do apoio consciente e responsable de esa parte da Igrexa que agarda o cambio, e tamén da mesma sociedade. Porque unha Igrexa pobre e para os pobres debería ser de interese para todos os cidadás sen distincións. Así o recoñecen alguhas persoas non crentes pero tamén non fanáticas da súa increncia ou agnosticismo.
A orientación que Francisco lle pretende dar a Igrexa é deixala sen poder, nin mundano nin sagrado-relixioso. Porque nin o Evanxeo é unha relixión nin a Igrexa precisa outro poder que non sexa o da fraternidade e o da disposición para servir a todos, sen competir e sen ansias de superioridade sobre de ninguén.

O poder da Igrexa (II)

Te puede interesar