A PUNTO (IV)

Outras das cousas que estaban “a punto”, segundo aquela propaganda da Xunta do ano 2001, eran a Xuventude e a Industria. No caso da Xuventude, na nosa bisbarra parece que no “a punto” en que está é no de desaparecer, porque entre os que se van e os que non nacen, xa case non quedamos máis que un fato de vellos, sen a alegría de poder disfrutar da compaña dos netos, porque, como dicía Rosalía, “este vaise e aquel vaise, e todos, todos se van”. E no que atinxe á Industria, no tema da construción naval, que era un dos puntos fortes da comarca, estamos a sufrir unha profunda crise, coas gradas baleiras e os guindastres inmóbiles, como mudas pantasmas que ergueran os seus brazos ao ceo, en demanda de axuda. Tamén “a punto” de desaparecer? Eu quixera pensar que non, pero a realidade non deixa moito espazo para optimismos, malia os anuncios dos propagandistas, da posibilidade de floteis, fragatas e algúns cachiños de barco que poidan aparecer. Mágoa, non si?     
 

A PUNTO (IV)

Te puede interesar