Propaganda

Remato de escoitar o comunicado do xefe de Goberno en función, sobre o referendo británico e pareceume unha descarada propaganda electoral para o seu partido. Coido que é necesario facer unha seria reflexión, rexeitando as palabras do Sr. Rajoy e, analizar o por que da decisión do pobo inglés, que ten unha grande tradición democrática, sentido patriótico e defensa dos intereses do seu país, pero que nunca destacou precisamente pola súa solidariedade. Europa baixou os calzóns ante Inglaterra permitíndolle entrar na unión sen acatar o euro e agora terá que ceder non se sabe que cousas, para que non se vaia, porque sen Inglaterra, a forza de Alemania e Francia quedará moi diminuída, tendo que limitarse a mangonear aos gobernos satélites que lles digan amén a todo o que se lles ocorra. E xa está ben de tanto fachendear coa estabilidade, pois a estabilidade nosa depende do que digan os que mandan na unión europea e dos que manexan a economía mundial. Ou non?

Propaganda

Te puede interesar