Dos ditos aos feitos

anexamos novas terminoloxías que teñen que ver co clásico e continuo despoboamento do rural. Palabras novas  para antigas realidades ás que vimos asistindo coma se non foran con nos. 
O que noutrora fora o subministrador vital de sabores e texturas, e o soporte afectivo do noso imaxinario de infancia, tan  intimamente ligado ás sensacións de felicidade, forman agora parte da chamada España Baleirada.   Aquelo de ir á aldea, á casa dos avós, andar en liberdade cun control parental reducido, ou a memoria do forno, da sega e do trillo nas eras do verán, queda agora reducido a meros eixos cartesianos de rendemento e produtividade. 
Acabamos de rematar campañas electorais, onde todos os partidos poñían en valor a defensa do rural e a aposta por dotalos de medios tecnolóxicos, infraestruturas e recursos económicos, para facilitar a súa supervivencia. Pero unha vez rematada a romería, cambiamos de discurso e de telón.  O goberno de Feijoo pecha o paritorio do Hospital de Verín, unha área de atención con numerosos núcleos de poboación, e ao que hai que engadir o peche das urxencias pediátricas, obrigando a desprazamentos de máis de 70 quilómetros. Non creo nas receitas máxicas que resolvan sen esforzo os problemas, pero si creo e defendo que hai gastos que teñen que estar por riba das leis de mercado. Primeiro pecharon as escolas, que acabaron reconvertidas en centros de día. Desapareceron os comercios. Agora a atención sanitaria. O único que lles queda é aspirar a albergar xeriátricos, ou a ser sedes de cemiterios de residuos radioactivos.  O afectivo nunca cotizou en bolsa.
A realidade debuxa o perfil soñado do teu rostro –dixo El– insiste na solidez do afecto imprescindible... e deixa trazas de incendio e de ferida no paso poderoso da lámpada que acende e anuncia, en segredo, a túa chegada...

Dos ditos aos feitos

Te puede interesar