OUTRO 065

Nin os responsables da Consellería de Traballo e Benestar, nin as propias persoas usuarias están satisfeitos co funcionamento do servizo galego de transporte adaptado para o apoio da mobilidade persoal. Os déficits que afectan á administración e poboación do denominado 065 son principalmente económicas e sociais. Entre outros pódense citar: 1) Excesiva individualización dun transporte que aspiraba a ser colectivo. 2) Dificultade de coordinación horaria conxunta. 3) Usos indebidos dos usuarios. 4) Falla de unidades de transporte. 5) Problemas de persoal.
O vindeiro mes de febreiro a Xunta remata o contrato coa actual concesionaria do servizo, e está dando pasos para que os centros que atenden ás persoas con discapacidade teñan un papel protagonista nas novas directrices de transporte adaptado. En aras dunha maior racionalización, operatividade, participación social e costes,o intento é necesario.

 

OUTRO 065

Te puede interesar