ESCRAVAS NA PÉRFIDA ALBIÓN

A sociedade acolledora e aberta na que vivimos, empapada da cultura moderna e liberal da que presumimos, debería ser máis impermeable, tanto á entrada de delicuentes como á ocultación dos mesmos. Delitos tan abusivos e inhumanos coma o de tres mulleres das que a Policía tivo coñecemento de que estaban secuestradas e escravizadas, en Londres, serían evitables. Estas tres mulleres, recluidas nun piso e suxeitas por cadeas invisibles que, máis que o corpo atan a mente, permaneceron nesa situación trinta anos. Cando chegaron ao Reino Unido tropezaron cun colectivo politicamente ideoloxizado, maoísta, no que xa estaba integrada unha parella, el procedente da India e ela de Tanzania. Parella que as recén chegadas foron descubrindo e aceptando como os seus propios xefes dominadores. Tratábase en realidade dunha especie de secta na que primaba o control da mente para a manipulación da persoalidade dos que ían caendo na rede. As novicias carecían de autonomía e sufrían un lavado de cerebro que, xunto co medo invencible, servía de esposas invisibles que prácticamente inmobilizábaas. E así pasaron anos e anos. Pero cheas xa de tanto padecer, foi a máis nova das tres a que se decidiu a escribir unha carta ao veciño, para botarlla por debaixo da porta cando lle fora posible: “Síntome coma unha mosca atrapada nunha tea de araña”, dicía. Estou presa, coas portas e as fiestras bloqueadas e sen poder saír. Por fin, unha delas aproveitou unha ocasión para chamar a unha ONG, Freedom Charity, que actuou poñendo o caso en coñecemento da Policía. Os seres humanos, cando empezamos a espertar e soñar no futuro, buscamos facermos  independentes. A ansia de encontrar a liberación permanece sempre activa, sentíndonos atraídos polos paraísos, reais ou soñados, e sin regatear esforzos nin aforrar  sacrificios. Cegados pola ilusión, non deixamos de atender aos cantos de sirea, sen caer na conta de que os aproveitados andan atentos á busca dos incautos e dos débiles para dominalos e poñelos ao seu servicio, como lles pasou a esas tres escravas. Xa “in illo tempore” os israelitas fixeran o mesmo cando foron á Exipto e tiveron que soportar traballos e inxustizas, ata que apareceu Moisés que os guiou a través do deserto, á busca da terra prometida. Unha das caractarísticas do mal neste mundo está en que se encontra sempre camuflado. Na sociedade, a prudencia debería ser unha compañeira habitual de tódolos seres humanos.

ESCRAVAS NA PÉRFIDA ALBIÓN

Te puede interesar