E a pesar de todo...

Si. Áchote, esperanza, nos que non se renden. Nos que, día a día, combaten en silencio nas fábricas, nos hospitais, nas escolas, nos barrios. Nas voces dos que polas rúas da miña cidade esparexen polo ar arelas de xustiza e liberdade nacional, nos nomes de rúas (as menos) e estatuas (contadas). E hoxe, cando escribo estas letras, áchote, esperanza, neste vendaval que asolaga ao meu Mañente. No Toupourroutou que non puiden gozar por termos as portas da Casa da Cultura pechadas. No Romariz asulagado de tristura.
Vivo asulagado na esperanza. Ea pesar da decepción que cargo sobre as  miñas costas, partillo contigo, lector, neste martes de Entroido, a esperanza que procuran roubarnos aqueles que nos expropiaron o futuro inmediato.
…Primavera. A paxarada (a merla e a pega rebordá) preparan os seus liñeiros. E no meu pexegueiro asoman con orgullo cinco flores rosas con cinco pétalos... Esperanza.

E a pesar de todo...

Te puede interesar