Capitalismo canalla

Acóllome ao título do libro do sociólogo e ensaísta César Rendueles, lectura é moi recomendable, para caracterizar un réxime económico e social que fai da violencia material, o egoísmo e a mentira pautas de comportamento tan sistemáticas como a explotación que o fundamenta como modo de producción. Das grandes empresas que se lucran con depuradoras que non funcionan ate multinacionais que trampean millóns de vehículos, os exemplos desa iniquidade que arruína ou dificulta tanto calquera afán altruista e xeneroso temos sobradas mostras. Duplas contabilidades, para evadir ao fisco público, dumping laboral e degradación das condicións de traballo, tramas de corrupción a políticos e partidos sen principios, depredación dos recursos naturais e intoxicación de persoas, pactos oligopólicos que pagan as nosas facturas… Arruinar o mundo para ter un éxito acuñado na moeda de sangue e na fama da  esterqueira. A loita política por unha ruptura democrática é a súa inimiga, porque sostén unha proposta veraz, feita de pan, traballo e dignidade para todas e todos.

Capitalismo canalla

Te puede interesar